O Instituto Municipal Coruña Espectáculos, con competencias para a promoción dos valores socioculturais da cidade, realiza esta convocatoria de subvencións públicas co obxectivo de promover durante o ano 2026 a organización e celebración de festas populares, exclusivamente de carácter veciñal, chamadas comunmente “festas de barrios”.
Para público en xeral
Dende o 01/02/2026 ata o 31/12/2026
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
As solicitudes presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos, a través de sede electrónica do Concello da Coruña, e deberanse dirixir ao IMCE.
Excepcionalmente, poderase permitir a presentación das solicitudes de forma presencial no Rexistro do IMCE, situado na avda. da Mariña, 18, 15003 A Coruña.
PRAZO
As solicitudes de subvención presentaranse no prazo de 15 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
ÚLTIMO DÍA PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: 3 de marzo de 2026
As solicitudes presentadas fóra de prazo non se terán en conta para resolver a convocatoria.
IMCE
Con esta convocatoria preténdese manter e recuperar as festas tradicionais ou de arraigamento cultural relacionadas con acontecementos ou festividades que reflictan a idiosincrasia dos barrios e zonas da cidade e que se celebren segundo os usos e costumes herdados, así como dinamizar e desenvolver de forma equilibrada a vida social e comunitaria en todo o territorio municipal e impulsar a actividade económica dos/as profesionais e empresas do sector cultural.
Bases dispoñibles en:
Basees Festas en Barrios 2026 - español
Bases Festas en Barrios 2026 - galego
As solicitudes de subvención achegaranse no prazo de 15 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos, a través da sede electrónica do Concello da Coruña, e dirixiranse ao IMCE.
Excepcionalmente, poderase permitir a presentación das solicitudes de forma presencial no Rexistro do IMCE, situado na avda. da Mariña, 18, 15003 A Coruña.
ÚLTIMO DÍA PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: 3 de marzo de 2026
Pode consultar a listaxe de solicitudes presentadas premendo na seguinte ligazón:
Anuncio solicitudes presentadas convocatoria subvenciones fiestas en barrios 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible