O Instituto Municipal Coruña Espectáculos, con competencias para a promoción da cultura, realiza esta convocatoria de subvencións públicas e co obxectivo de promover durante o ano 2025 a organización e realización de festas populares, exclusivamente de carácter veciñal, chamadas comunmente “festas de barrios”.
Para público en xeral
Dende o 01/01/2025 ata o 31/12/2025
As solicitudes de subvención achegaranse no prazo de 15 días naturais, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes presentadas fóra de prazo non se terán en conta para resolver a convocatoria.
IMCE
Con esta convocatoria preténdese manter e recuperar as festas tradicionais ou de arraigamento cultural relacionadas con acontecementos ou festividades que reflictan a idiosincrasia dos barrios e zonas da cidade e que se celebren segundo os usos e costumes herdados, así como dinamizar e desenvolver de forma equilibrada a vida social e comunitaria en todo o territorio municipal, e impulsar a actividade económica dos profesionais e empresas do sector cultural.
Bases dispoñibles en:
Anexos
As solicitudes de subvención achegaranse no prazo de 15 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos utilizando o formato PDF asinado electronicamente para todos os documentos que se deban achegar. Deberanse presentar por sede electrónica ante o IMCE.
Excepcionalmente, poderase permitir a presentación das solicitudes de forma presencial no Rexistro administrativo do IMCE, situado na avda. da Mariña, núm. 18, 15003 A Coruña.
Anuncio
Anuncio: Concesión de subvencións ás asociacións veciñais da cidade da Coruña para a celebración das festas de barrio na Coruña durante o ano 2025.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible