Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos do Fórum Metropolitano - Nadal 2013

Divírtete e aprende.

Cando:

Dende o 29/11/2013 ata o 13/12/2013

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/12/2013 ata o 13/12/2013

Enderezo:

Fórum Metropolitano

Documentos:

Díptico para a inscrición (553 KB)

A oferta de actividades que presentamos busca cubrir parte do tempo de lecer do período do Nadal dos nenos e nenas da nosa cidade a través de todo tipo de actividades motrices, producións plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes, ademais de dar resposta ás necesidades das familias nestes días de descanso escolar.

DURACIÓN

Días: 23, 26, 27 e 30 de decembro do 2013 e 2, 3, 7 e 8 de xaneiro do 2014.

COTA

35 euros por participante e quenda. Ampliación de horario: 5 euros.

PARTICIPANTES

Poderán participar os nenos e as nenas nacidos entre 2001 e 2010, agrupados por idades.

A actividade non conta con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas específicas.

INSCRICIÓN/DATAS

Día 9 de decembre mediante inscrición directa por rigorosa orde de chegada.

Horarios: A inscrición terá  lugar na conserxería do Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

TEMÁTICA

As cores da natureza e os seres fantásticos que habitan nela darannos xogo para deseñar as nosas propias historias animadas. A través de distintas técnicas de debuxo, creacións de plastilina ou técnicas de animación tan variadas como o stop-motion,… deseñaremos as nosas propias historias e compartiremos todas estas experiencias cos nosos novos compañeiros e compañeiras de xogos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión