En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.
Familias
24/11/2017
A actividade está recomendada para crianzas menores de 5 anos acompañadas dunha persoa adulta. É necesaria a inscrición tanto para a crianza como para a acompañanteXa rematou
Dende o 13/11/2017 ata o 24/11/2017
18.30 h
Gratuíta
Ligazón para retirar as entradas a partir do día 13 de novembro ás 9.00 horas
A entrada será gratuíta, mais é necesaria a inscrición en ticketea. Cada persoa poderá retirar até un máximo de 5 entradas, das que deberá cubrir o nome e apelidos de cada unha das persoas que asistirán ao evento. No día do concerto, será necesario achegar a entrada impresa ou en formato electrónico. É especialmente recomendado para nenos e nenas menores de 5 anos.
Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico" e "Ai, Patín!".
Máis info e vídeos nesta ligazón.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible