As Bibliotecas Municipais sumámonos á celebración do Día do Orgullo coa campaña "As municipais entenden…"
Infantil, Familias
28/06/2020
Xa rematou
Actividade en liña, acceso dende as distintas redes sociais: twitter, facebook e instagram co cancelo #asmunicipaisentenden
Ás 12.00 horas
Este domingo 28 de xuño ás 12.00 h celebramos o Día do Orgullo gozando de álbumes ilustrados que falan da diversidade.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña contamos cunha ampla selección de libros inclusivos como: Titiritesa, Tres con Tango, Ahora me llamo Luisa, ¡Soy una niña!, Monstruo rosa, Leotolda e moitos outros que estaremos encantadas/os de prestarvos.
Desde a biblioteca do Castrillón ensinarémosvos todos estes e contarémosvos algún deles coa ilusión de que teñades un día e unha vida de conto. Desexando que sempre todas e todos poidamos elixir con liberdade o conto no que nos gustaría vivir.
A cita será o domingo 28 ás 12.00 h no Instagram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible