Concello da Coruña

Concello da Coruña

Charla: “Cultura e movemento obreiro na Coruña: A biblioteca do CES Germinal (1902-1936)”

“Cultura e movemento obreiro na Coruña: A biblioteca do CES Germinal (1902-1936)” Conferencia dentro da programación do Día das Bibliotecas, que este ano leva por lema "Contra a desinformación". A Biblioteca de Estudos Locais continúa con esta charla a serie iniciada en 2022, dando a coñecer as biliotecas desaparecidas da cidade, nesta ocasión as bibliotecas obreiras da cidade, en concreto a Biblioteca Germinal.

A quen vai dirixido?:

Para público adulto

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

24/10/2025

Entrada libre ata completar a capacidade

Xa rematou

Horario:

De 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##Día da Biblioteca #anarcosindicalismo #bibliotecas #memoria histórica #germinal #educación

Contacto:

O Centro de Estudos Sociais Germinal foi fundado en xuño de 1902 por obreiros de ideoloxía maioritariamente libertaria e foi unha das institucións máis activas e significativas da Coruña durante o primeiro terzo do século XX.

Coñecido por ser un centro dinámico na organización de conferencias, mitins, excursións e clases nocturnas para traballadores, Germinal destacou tamén por albergar a mellor biblioteca privada da cidade.Como referente para a defensa da liberdade de pensamento e as ideas societarias e anticlericais, Germinal xogou un papel crucial na emancipación pola cultura do mundo obreiro coruñés, xerando unha proposta cultural alternativa e esencial para a súa formación intelectual.

Participarán Paco Ascón e Daniel Palleiro.

Presentará o acto o concelleiro de Cultura e Turismo Gonzalo Castro

Paco Ascón

Experto Universitario en Animación Sociocultural e a maior parte da súa vida laboral ten estado vencellada coa Educación, e máis concretamente coa Educación de Adultos

Na actualidade é membro da Comisión confederal de Memoria Libertaria da CGT, socio de Refuxios da Memoria e fai parte do equipo promotor da Biblioteca e Arquivo Obreiro "Aurora" da Coruña.  Administra a web "memorialibertarianagaliza.org" e ten publicado artigos sobre historia do movemento obreiro e as loitas populares en medios como "Rojo y Negro" de Madrid, o semanario "La Campana" de Pontevedra, e próximamente na revista "Libre Pensamiento", a nivel estatal.

Daniel Palleiro

Licenciado en Historia da Arte (USC, 2009), Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía (EASD Pablo Picasso, 2012), graduado en Antropoloxía Social e Cultural (UNED, 2016) e Máster Universitario en Investigación Antropolóxica e as súas Aplicacións (UNED, 2017).É libreiro e editor dende o ano 2020, facendo parte da libraría cooperativa A Tobeira de Oza e da editorial anarquista Bastiana. É membro do colectivo de investigación e divulgación Refuxios da Memoria dende a súa fundación no ano 2017. Ten escrito duas obras de investigación sobre o movemento obreiro e libertario galego: Mapoulas, sardiñas e dinamita. Xeografía libertaria das Atochas - Monte Alto (Bastiana, 2020) e Tinta libertaria, textos disolventes. Historia do libro anarquista galego (Bastiana, 2022), así como participado na obra colectiva Basilisa Álvarez, A Corales: Unha mapoula nas Atochas (Bastiana, 2023). Ten colaborado tamén con artigos de investigación e divulgación en Fol de Veleno: Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, no anuario do Seminario de Estudos Libertarios Galegos e nos medios Praza Pública, O Salto, Novas da Galiza, Clara Corbelhe e Regeneración Libertaria. Igualmente ten participado en proxectos de investigación como Disidentes: Orixes do cemiterio civil da Coruña, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión