Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Ciclo Principal: "Andanzas y entremeses de Juan Rana"

De Calderón de la Barca, Agustín Moreto e outros

Cando:

Dende o 09/10/2020 ata o 10/10/2020

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

A Inquisición reúnese para un xuízo secreto que pode cambiar o curso da historia.

O acusado: Juan Rana, o comediante de máis sona do Século de Ouro.

O delito: facerlle rir ao público de varias xeracións co seu humor irreverente e burlesco onde toda a sociedade queda retratada.

As probas: unha selección de entremeses dos máis grandes autores da época (Calderón, Moreto e Quiñones de Benavente, entre outros) que tiveron como protagonista o xenial actor.

As acusacións: blasfemia, desacato, irreverencia, provocación, espírito crítico, herexía...

Posible condena: a fogueira.

Juan Rana: unha festa de pezas breves con música en directo, unha reflexión sobre os límites do humor e unha homenaxe a unha figura esencial do teatro clásico español.

Tras os rotundos éxitos internacionais que supuxeron nos últimos anos as dúas coproducións previas, En un lugar del Quijote e Cervantina (Premio Max Mellor Espectáculo Musical 2017), a Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá volven aliarse nesta nova proposta que explora a inmensa comicidade dos xéneros breves do teatro áureo e recupera unha das figuras escénicas máis singulares do panorama escénico do Século de Ouro e de todos os tempos: o comediante Cosme Pérez, Juan Rana.

Repartición: Juan Canas, Íñigo Echevarría, Fran García, Miguel Magdalena e Daniel Rovalher

Dirección: Yayo Cáceres

Coproducción CNTC e Ron Lalá

Duración estimada: 90 minutos

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión