Abrapalabra Creacións Escénicas
Os días 28/03/2013, 28/03/2014 ás 20:30 , 29/03/2014 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
90 minutos
6'50, 8'00, 10'00, 14'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Unha viaxe a través da memoria.
Unha crónica das mulleres traballadoras da conserva baseada en testemuños reais.
Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de lembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, despois de que a fábrica de conservas máis importante da zona pechase, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo. A súa historia é a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, ensínannos unha realidade: o derrubamento dunha economía e dunha forma de vivir.
Esta viaxe cara ao pasado supón aínda máis para elas, xa que a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, irán intimamente unidos ás súas propias biografías.
Ás súas vidas e á de moitas mulleres, pasarán por diante delas, facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi, e enfróntanse a un presente cheo de incerteza.
Con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro, Rocío González.
Guión: Cándido Pazó
Dirección: Cristina Domínguez de Pena
VENDA DE ENTRADAS:
Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.
Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible