De Magda Labarga e Laila Ripoll
Para público en xeral
30/11/2018
Xa rematou
20.30 h
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Cáscaras vacías é unha rede de historias tecidas con testemuños da "Operación T4" nazi. A "Operación T4" é o nome en código que os nazis lle deron ao seu programa de eutanasia destinado a eliminar a persoas con algunha discapacidade, a quen consideraban "vidas indignas de ser vividas", "cascas baleiras", e cuxas primeiras vítimas foron nenos/as. O castelo de Hartheim foi un dos lugares onde esta operación se levou a cabo.
Seis persoas fálannos das súas vidas. Seis persoas que serían asasinadas no castelo de Hartheim fálannos del. Seis intérpretes con algunha discapacidade elaboran un discurso teatral sobre a diferenza, o raro, o útil ou inútil das vidas de cada quen.
Este proxecto é resultado de catro anos de traballo no festival Una mirada diferente.
Con Natalia Abascal, Raúl Aguirre, David Blanco, Patty Bonet, Ángela Ibáñez, Jesús Vidal
Guión e dirección: Magda Labarga e Laila Ripoll
Coprodución LaZona e Centro Dramático Nacional
Venda de entradas soltas a partir do 10 de setembro
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible