Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Don Quijote somos todos"

ESPECTÁCULO SUSPENDIDO

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/10/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Don Quijote somos todos narra os esforzos dun pobo manchego, de cuxo nomee ninguén se acorda, por non desaparecer para sempre. Abandonado no medio da España baleira, con malas comunicacións e escasos servizos, o seu único patrimonio está no seu pasado: ser o berce do máis famoso cabaleiro andante, o enxeñoso don Quixote da Mancha.

A NOSA PROPOSTA. Cun ton de comedia crítica herdeira de Cervantes, pero tamén dalgúns dos seus discípulos avantaxados como Berlanga, Rafael Azcona ou José Luis Cuerda, convertemos a don Quixote nun suxeito colectivo, encarnado en todo un pobo que, no medio da súa loita pola supervivencia, experimenta algunha das máis famosas aventuras de don Quixote. Episodios como os muíños de vento, os galeotes ou a cova de Montesinos adquiren na nosa proposta unha nova perspectiva, iluminando unha reflexión mordaz e desprexuizada sobre o noso propio quixotismo patrio.

Repartición: Carlos Martín, José Luis Esteban, Minerva Arbués, Irene Alquezar, Francisco Fraguas, Félix Martín e Gonzalo Alonso (músico en directo)

Dirección: Carlos Martín

Texto: José Luis Esteban

Teatro del Temple

Duración estimada: 90 minutos

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión