La Zaranda (Teatro Inestable de Andalucía La Baja) en coprodución co Festival de Tempada Alta (Xirona).
Os días 25/04/2014 ás 20:30 , 26/04/2014 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h
85 minutos (sen intermedio)
8'50, 11'00, 14'00, 18'00 €.
(Carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
De Eusebio Calonge.
Todo apunta ao factor nutricional como causa da epidemia. Uns sosteñen que é o engorde rápido, o exceso de penso, outros apuntan á mal repartición deste. As teorías veterinarias enfrontan pero non frean o índice de mortaldade nas pocilgas… Iníciase, unha simulación ambiental para clarificar as causas.
A industria porcina comeza a verse afectada, o seu persoal eliminado segundo os índices de rendemento. A loita polo posto, co único horizonte dun horario rutineiro e baleiro, sen máis esperanza que a dunha morte indolora, fai que as vidas do porco e o home se crucen, se confundan. Documentos veterinarios de control de calidade ou historiais médicos, os expedientes por triplicado que certifican a defunción ou os que constatan as baixas. Papeis no soño eterno dos ficheiros. A vida resumida nos poucos datos e datas dunha autopsia.
Arquivos, necropsias, o simulacro de existencia que representamos, na que os artistas son forenses ou os forenses simulan ser artistas, meros burócratas tramitando a nada oficial, científica ou financeira, pouca cousa, o valor que fixa a venda.
Con Gaspar Campuzano, Francisco Sánchez, Luis Enrique Bustos, Javier Semprún.
Dirección: Paco de La Zaranda.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.
Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible