Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: La Celestina

De Fernando de Rojas, adaptación de Eduardo Galán

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/01/2024 ata o 20/01/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

110 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21,50 €; 15,00 €; 13,00 €; 9,50 €  (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Calisto, un mozo nobre aposto, penetra na horta onde se acha a Melibea, de quen queda profundamente namorado. Ante o rexeitamento desta, e aconsellado polo seu criado Sempronio, decide encomendar o seu coidado a Celestina, para lograr por medio dela o amor de Melibea. A alcahueta consegue mediante artimañas que Melibea se namore de Calisto. Os criados deste tentan obter un beneficio propio da paixón do seu amo: que prometera unha cadea de ouro a Celestina se lle axudaba a render a vontade de Melibea. Cando isto sucede, os criados reclaman a súa parte e, ante a negativa de Celestina, mátana. Son apresados e executados pola xustiza. 

No último encontro de Calisto e Melibea, o mancebo ao saltar a tapia do horto de Melibea para socorrer ao seu criado Sosia cae e morre. O que leva ao suicidio de Melibea ante a mirada compunxida do seu pai Pleberio, quen finaliza a traxicomedia cunhas reflexións morais e existencialistas.

Con Anabel Alonso,  José Saiz, Victor Sainz, Claudia Taboada, Beatriz Grimaldos, David Huertas 

Dirección: Antonio C. Guijosa

Produción: Secuencia 3 con coproducción con Pentación, Saga Producciones e Teatre Romea

*Venda de entradas soltas a partires do 10 de xaneiro

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión