Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: La golondrina

De Guillem Clua

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/11/2019 ata o 17/11/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50  € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

A señora Amelia, unha severa profesora de canto, recibe na súa casa a Ramón, un home novo que desexa mellorar a súa técnica vocal para cantar no  memorial da súa nai falecida recentemente. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para el e, ao parecer, tamén para Amelia, quen a pesar das súas reticencias iniciais accede a darlle unha primeira clase. A medida que a tarde avanza, os dous personaxes van debullando detalles do seu pasado, profundamente marcado por un atentado terrorista de signo islamita que sufriu a cidade o ano anterior. O significado real dese ataque, as motivacións do terrorista e a alongada sombra das súas vítimas provocan un duro enfrontamento entre Amelia e Ramón que os leva a descubrir a verdade sobre aqueles terribles acontecementos, unha verdade que os obriga a reflexionar sobre as súas propias identidades, a aceptación da perda e a fraxilidade do amor, espíndose ata tal punto que os seus destinos quedarán unidos para sempre nun canto común á vida.

Con Carmen Maura e Dafnis Balduz

Dirección: Josep Maria Mestres

Lazona

*Venda de entradas a partir do 9 de setembro

Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/search/?term=la%20golondrina

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión