Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Ciclo Principal: "Madre coraje"

*Programación especial: Día 180º aniversario do Teatro Rosalía Castro: 15 de decembro (1840-2020)

Cando:

15/12/2020

Horario:

20.30 h

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

De Bertolt Brecht

A guerra sempre foi un negocio. E Ana Fierling sábeo. Por iso camiña cos seus dous fillos e a súa filla a través da barbarie. Mentres serven a distintos bandos e ao mesmo tempo a ningún, desenlázase esta épica historia cuxo eixo central é a crueldade da supervivencia humana. O materialismo imponse á traxedia, a guerra insensibilízanos e os seres humanos seguimos sen aprender, cometendo os mesmos erros.

Hoxe, a brutalidade é dixerida a diario a través da televisión con absoluta inmunidade. A esta "Madre coraje" quédanlle lonxe Suecia, Alemaña e Polonia, por iso nos traslada a un espazo bélico atemporal que non necesita ser definido porque os seus referentes son tristemente actualizados cada día.

"A guerra representa só a continuación dos negocios con outros medios, pero na guerra os grandes negocios non os fai a xente humilde e na guerra as virtudes humanas convértense en mortais". Bertolt Brecht

Repartición: Itziar Lazkano, Ane Pikaza, Eneko Sagardoy, Mikel Losada, Miren Gaztañaga, Iñaki Urrutia, Gabriel Ocina, Alfonso Díez, Kepa Errasti, Aitor Borobia, Adrián García de los Ojos e Mikel Martínez.

Dirección e adaptación: María Goiricelaya

Produción do Teatro Arriaga

Duración estimada: 120 minutos

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión