De Manuel María
Para público en xeral
27/01/2024
Xa rematou
20.30 h
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita com anacos das obras de Manuel María "A rebelión dos baús" "O Auto dos semulados da Caravilla", Unha vez foi o trebón", "Abril de Lume e Ferro" e o "Entremés da OTAN"
Con Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Patricia Vázquez
Dirección e dramatruxia: Quico Cadaval
*Venda de entradas soltas a partires do 10 de xaneiro
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible