Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: O servidor de dous amos

De Carlo Goldoni

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/05/2018 ata o 19/05/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

75 minutos (sin intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Talía teatro presenta unha revisión do clásico "O servidor de dous amos", un dos textos máis relevantes da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell'Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell'Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do "espectáculo total", unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell'Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos urbanísticos, nobres e mandatarios trocan en empresarios e políticos, e a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista das persoas espectadoras, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Con Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Dani Trillo

Dirección: Diego Rey

Talía Teatro

Venta de entradas:

Taquilla Central, Praza de Ourense: de lunes a viernes de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h

Taquilla Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenta: 902 044 226

Para mercar entradas para o venres 18 prema aquí

Para mercar entradas para o sábado 19 prema aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión