De Miguel Delibes, adaptación de José Sámano, José Sacristán e Inés Camiña baixo a dirección de José Sámano
Para público en xeral
Dende o 09/03/2019 ata o 10/03/2019
Xa rematou
20.30 h
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18,00, 14,00, 11,00 e 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo.
As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.
Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que o era todo para el, practicamente non puido volver pintar.
Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesas datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade da súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión. É outro recordo permanente na vida do seu pai, que tamén agora revive.
Esta obra teatral é o relato dunha historia de amor en camiño desenfreado cara á morte, que nos sitúa naquela España con trazos inequívocos, que nos fala da felicidade e da súa perda, e que chega á intimidade de cada ser humano, e á súa emoción, polo camiño recto e simple da verdade.
En setembro de 1989 estreamos "As guerras dos nosos antepasados". Hoxe volvemos a Miguel Delibes.
Despois daquela prodixiosa criatura, á que o mestre chamou Pacífico Pérez, interpretei personaxes de A. Miller, A. Strindberg, G.B. Shaw, D. Desola, S. Benchetrit, M. Vargas Llosa, P. Schaffer, J.R. Fernández, J. Hatcher, D. Wasserman, A. Machado, D. Mamet... Rodei películas e series de TV.
Sinto que volver a Miguel Delibes, agora co seu sobrecollido Nicolás, supón entregarme a unha tarefa que ben puidese ser ou significar a culminación dunha aventura de traballo e de vida que vén durando xa máis de sesenta anos.
Sexa como sexa...
Pacífico dicía do seu tío Paco que foi "o home que lle ensinou a mirar".
Volver a Miguel Delibes é non deixar de aprender a mirar.
Pasen. E miren. José Sacristán.
Con José Sacristán
Dirección: José Sámano
Compañía: Sabre Producciones, Pentación Espectáculos, Talycual e AGM
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-senora-de-rojo-sobre-fondo-gris-sabado-teatro-rosalia-cas/
https://www.ticketea.com/entradas-teatro-senora-de-rojo-sobre-fondo-gris-domingo-teatro-rosalia-ca/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible