Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Shock, el cóndor y el puma"

Inspirado en "La doctrina del shock", de Naomi Klein e a historia recente

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/11/2020 ata o 07/11/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

165 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

26'00, 22'00, 18'00, 12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Como resultado da investigación teatral sobre un feito histórico, o do golpe de estado do Xeneral Pinochet sobre o Goberno de Salvador Allende, nace Shock (El cóndor y el puma). Un teatro-documental onde se representa a historia, pero para coñecela desde a emoción.

Representar a nosa historia é a vontade de coñecernos a nós mesmos. A nosa sociedade de hoxe é o resultado do que construímos ou destruímos onte. O capitalismo imperante de hoxe fráguase durante moito tempo pero ten un impulso fundamental tras o final da segunda guerra mundial, en parte grazas, ou a pesar, de La doctrina del shock. E o golpe de Chile é o seu primeiro experimento.

Repartición: Ernesto Alterio, Ramón Barea, Natalia Hernández, María Morais, Paco Ochoa e Juan Vinuesa

Dirección: Andrés Lima

Coprodución Centro Dramático Nacional en colaboración con Check-in Producciones

Duración estimada: 165 minutos

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión