Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Tomar partido

Do autor Ronald Harwood, gañador dun Óscar polo guión de "El pianista"

Cando:

Os días 21/11/2014 ás 20:30 , 22/11/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Berlín 1946, unha cidade destruída, imaxe dantesca, a quintaesencia do fracaso, a consecuencia da guerra. Destrución, desorientación, morte; fin dunha etapa. Asistimos aos prolegómenos e investigacións preparatorias para o proceso que levará a cabo a Comisión Antinazi para os Artistas.

O comandante Steve Arnold, na súa vida civil inspector de seguros, recibe o encargo de investigar as implicacións do director de Orquestra Wilheim Furtwängler na Alemaña nazi de 1933 a 1945.

Construída sobre cascallos, esta obra intenta reflexionar sobre a reconstrución moral da humanidade, a procura duns valores novos. No ritual habitual do teatro, o público obtén unha resposta que o libera moralmente de tomar partido. Coma no mellor teatro grego, aquí sucede todo o contrario, desafíase ao espectador para decantarse pola procura da verdade ante dúas actitudes, dúas maneiras de enfrontarse a unha terrible realidade política.

É necesario tomar partido? Que debería facer Furtwängler? Debeu quedar, como fixo, ou simplemente debeu fuxir para non colaborar con aquel réxime?

Con Sebastián Haro, Roberto Quintana, Emilio Alonso, José Manuel Poga, Rocío Borrallo, José David Gil

Dirección: Pedro Álvarez-Ossorio

Compañía: Producido por Fundición Producciones (Sevilla) en colaboración con FOCUS (Barcelona). Coproducido por Agencia Andaluza de Instituciones Culturales.

Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión