Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Ciclo Principal: "Una noche sin luna"

De Juan Diego Botto sobre os textos de Federico García Lorca

Cando:

Dende o 27/11/2020 ata o 28/11/2020

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Una noche sin luna é unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca desde unha sensibilidade do século XXI, como se o propio Federico estivese hoxe aquí entre nós.

Una noche sin luna é unha obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e a obra de Federico García Lorca. A viaxe que formula a función non é unha viaxe arqueolóxica senón unha forma de coñecer a través da súa obra a nosa propia realidade. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo, serven de espello do noso.

A obra recolle entrevistas, charlas e conferencias de Federico García Lorca así como fragmentos das súas obras e ao final, a modo de taboado flamenco, moitos dos seus poemas. A través destes e da dramaturxia de Juan Diego Botto é o propio Lorca quen en primeira persoa nos achega ao seu mundo.

Con moita ironía, emotividade e sentido do humor o autor vai relatando o seu paso pola residencia de estudantes, as críticas recibidas por Yerma, a súa experiencia en La Barraca, a súa relación coa prensa, os seus amores, a tensión dos seus últimos anos, e con todo iso ímonos achegando a temas como o papel da muller baixo a súa mirada sempre poética e reivindicativa, a necesidade da liberdade artística e de expresión, a loita pola liberdade de identidade sexual, ou a importancia da memoria e as raíces.

Ten sentido falar de Lorca hoxe? Falar de Lorca hoxe é falar de nós mesmos. E esta obra pretende facelo desde a honestidade e o sentido de espectáculo.

Repartición: Juan Diego Botto

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

La Rota Producciones, Barco Pirata e Concha Busto Producción y Distrubución

Duración estimada: 90 minutos

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/

IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión