Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Una noche sin luna

ENTRADAS ESGOTADAS De Juan Diego Botto, sobre textos de Federico García Lorca * Premio Max 2022 ao Mellor Actor: Juan Diego Botto * Premio Max 2022 ao Mellor Espectáculo de Teatro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/09/2022 ata o 24/09/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

105 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18,00 €, 14,00 €, 11,00 €, 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

*Toda a persoa que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña.

Una noche sin luna é unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca dende unha sensibilidade do século XXI, como se o propio Federico estivese hoxe aquí entre nós.

Una noche sin luna é unha obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e da obra de Federico García Lorca. A viaxe que propón a función non é unha viaxe arqueolóxica, senón un xeito de coñecer a nosa propia realidade a través da súa obra. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo serven de espello do noso.

A obra recolle entrevistas, charlas e conferencias de Federico García Lorca, así como fragmentos das súas obras, e ao final, a modo de "tablao" flamenco, moitos dos seus poemas. A través destes e da dramaturxia de Juan Diego Botto, é o propio Lorca quen en primeira persoa nos achega ao seu mundo.

Con moita ironía, emotividade e sentido do humor, o autor vai relatando o seu paso pola residencia de estudantes, as críticas recibidas por Yerma, a súa experiencia en La Barraca, a súa relación coa prensa, os seus amores, a tensión dos seus últimos anos, e con todo iso ímonos achegando a temas como o papel da muller baixo a súa mirada sempre poética e reivindicativa, a necesidade da liberdade artística e de expresión, a loita pola liberdade de identidade sexual, ou a importancia da memoria e das raíces.

Ten sentido falar de Lorca hoxe? Falar de Lorca hoxe é falar de nós mesmas e nós mesmos. E esta obra pretende facelo dende a honestidade e o sentido de espectáculo.

Con Juan Diego Botto

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Deseño de escenografía e vestiario: Curt Allen Wilmer (aapee) con estudioDedos

Deseño de iluminación: Valentín Álvarez

La Rota Producciones, Barco Pirata e Concha Busto Producción y Distribución

*Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro

- Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 h e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que o espectáculo comece, non se permitirá o acceso á sala.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión