A Sala Marilyn Monroe retoma a súa programación cun ciclo de cinema en VOSE
Para público en xeral
Dende o 28/09/2020 ata o 31/10/2020
Xa rematou
* xoves e venres ás 20.15 h
* sábados ás 17.15 e 20.15 h
* Pídese puntualidade. Unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Xoves, venres e sábado ás 20.15 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
Sábado ás 17.15 h (sesión do/a espectador/a): prezo único: 1,50 €
Abono 5 (5 entradas para 5 películas diferentes): 12,00 €
**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder á sala de cinema.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos
forum@coruna.es
1, 2 e 3 de outubro de 2020
"Marley"
Dirección: Kevin Macdonald
Estados Unidos, 2012 - 144 min - Formato Blu-ray
Todos os públicos
8, 9 e 10 de outubro de 2020
When you're strange
Dirección: Tom Dicillo
Estados Unidos, 2009 - 81 min - Formato Blu- ray
Todos os públicos
15, 16 e 17 de outubro de 2020
The shell season
Dirección: Carlo Mirabelladavis, Chris Dapkins e Nickaugustperna
Estados Unidos, 2012 - 91 min - Formato Blu-ray
Todos os públicos
22, 23 e 24 de outubro de 2020
Matangi/Maya/M.I.A.
Dirección: Steve Loveridge
Estados Unidos, 2018 - 96 min - Formato Blu-ray
Non recomendada para menores de 12 anos
29, 20 e 31 de outubro de 2020
Leto
Dirección: Kirill Serebrennikov
Francia, 2018 - 128 min - Formato Blu-ray
Non recomendada para menores de 12 anos
Venda de entradas
Despacho de billetes da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Fórum: día de proxección desde 1 h antes (só se quedan localidades)
Venda telefónica: 662 867 109
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible