O concerto de The Sonics (Ciclo Selección Sonora) previsto para o 6 de novembro de 2023 no Centro Ágora cancélase por enfermidade. A devolución das localidades farase polo mesmo medio de compra, para as compras por web a devolución farase automaticamente, para as compras en despacho de billetes deben acudir coa entrada á praza de Ourense nos seus horarios habituais e solicitar a devolución.
Para público en xeral
06/11/2023
Xa rematou
Cancelado
- Hora: 20.30 h
- Hora de apertura de portas: 20.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Platea central: 20,00 €
Platea lateral: 19,00 €
Anfiteatro filas 1 a 6: 18,00 €
Anfiteatro filas 7 e 8: 17,00 €
Desconto do 20% para carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase no despacho de billetes no momento de mercar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao teatro
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Adhesión Mercantil Coruñesa SL
Con The Sonics empezou todo. Polo menos o movemento punk, que naceu con eles en 1960, precederon a todos catro anos cun rock 'n' roll de tres acordes e letras sobre mulleres malvadas ou drogas, un explosivo son e actitude con guitarras fuzz, berros salvaxes e ritmos contundentes.
63 anos despois seguen sendo referencia: o canon do punk-rock, marcado por primeira vez no seu álbum de debut, Here are The Sonics, segue máis que vixente, citado como influencia no seu son para variados tótems da música como Bruce Springsteen, Nirvana, The White Stripes. Cancións como 'The Witch', 'Psycho' e 'Strychnine' convertéronse en pedra angular de moitas novas bandas de garage-punk hoxe en día, versionadas por artistas da categoría de The Cramps, The Flaming Lips, Mudhoney e The Fall. Na súa nova xira a banda estará composta por Rob Lind, Dusty Watson e Evan Foster, ademais dos novos membros, Joe Doria e Tom Jorgenson.
Unha formación salvaxe e ruidosa, como a ti che gusta!
"Banda arquetípica do garage punk dos anos 60 e titáns da escena do Pacific Northwest. (...) o seu son e a súa actitude son parte imprescindible do ADN de todas as xeracións posteriores da música de garage".
El Sótano, Radio 3
VENDA DE LOCALIDADES DESDE O 28 DE ABRIL
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible