Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cidade de Deus, de Fernando Meirelles e Kátia Lund

Sala Marilyn Monroe - Miscelánea

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/05/2026 ata o 23/05/2026

Xa rematou

Horario:

Xoves. 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

130 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Sesión das persoas espectadoras: sábado ás 17.30 h - Prezo único: 1,50 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Alexandre Rodrigues e Leandro Firmino

Brasil 2002

130 minutos - VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

Baseada en feitos reais, describe o mundo do crime organizado en Cidade de Deus, un suburbio de Río de Janeiro, dende finais dos sesenta ata principios dos oitenta, época durante a cal o tráfico de drogas e a violencia impuxeron a súa lei nas favelas. A finais dos sesenta, Buscapé, un neno de 11 anos tímido e sensible, observa os nenos duros do seu barrio, os seus roubos, as súas pelexas, os seus enfrontamentos diarios coa policía. Pero el sabe moi ben o que quere ser se consegue sobrevivir: fotógrafo. Dadinho, un neno da súa idade que se traslada ao barrio, soña con ser o criminal máis perigoso de Río de Janeiro e empeza a súa aprendizaxe facendo recados para os delincuentes locais. Admira a Cabeleira e a súa cuadrilla, que se dedican a atracar os camións do gas. Un día Cabeleira dálle a Dadinho a oportunidade de cometer o seu primeiro asasinato.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión