Concello da Coruña

Concello da Coruña

CINENTERRAZA: Cult-movies 2022

Un ano máis, desde 2004, celebraremos CINENTERRAZA coa capacidade habitual e en formato terraza, como antes da pandemia, con posibilidade de consumo de bebidas, co mesmo número de filmes e convidados, mantendo o nivel de calidade de citas anteriores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/07/2022 ata o 28/07/2022

Xa rematou

Horario:

mércores e xoves ás 22.30 h

- Hora de apertura de portas: 30 min antes do inicio da proxección

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 €

- Prezo con desconto: desconto para carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 2,00 €

Requisitos:

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar a proxección debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña

• Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Colabora: Coca-Cola

As noites de xullo no Fórum Metropolitano servirán unha vez máis, por 10º ano consecutivo co formato "Cult Movies", para enchernos os ollos de imaxes clásicas en 35 mm e en versión orixinal, en compañía dun auténtico "quen é quen" cultural da Coruña e arredores.

O ciclo de cinema de culto CINENTERRAZA, desenvolverase no vestíbulo do Fórum Metropolitano, os días 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e, 28 de xullo de 2022, ás 22.30 h.

  • Mércores 6: Drácula (Terence Fisher, 1958). Convidado: Carlos Ares (guionista, director e produtor)
  • Xoves 7: Johnny guitar (Nicholas Ray, 1954). Convidada: Blanca Riestra (escritora).
  • Mércores 13: Conte d'èté (Eric Rohmer, 1996). Convidada: Cris Iglesias (actriz)
  • Xoves 14: Black Narcissus (Michael Powell, Emeric Pressburger, 1947). Convidada: Julia Lago (ilustradora e debuxante de cómics)
  • Mércores 20: Paris, Texas (Wim Wenders, 1984). Convidado: Javier Becerra (xornalista musical).
  • Xoves 21: The Fly (David Cronenberg, 1986). Convidado: Alberto Ruiz de Samaniego (escritor e profesor de Estética e Teoría das Artes).
  • Mércores 27: The Innocents (Jack Clayton) Convidado: Alfonso Zarauza (director, guionista e produtor).
  • Xoves 28: Robocop (Paul Vewerhoeven, 1987). Convidada: Deborah García Bello (química, investigadora e divulgadora científica).

A celebración de 10 anos de Cinenterraza no seu actual formato de cinema "de culto" con coloquios obríganos a subir a aposta unha vez máis. Tras sortear dous anos complicados por mor da pandemia, onde se reduciu a capacidade, mais o ciclo saíu adiante, alégranos anunciar que este ano volvemos proxectar en 35mm para gozar o cinema no formato no que foi concibido. Como noutras ocasións, os convidados terán tanta ou máis importancia que os títulos para proxectar e enfrontaranse a auténticos títulos lendarios de todas as épocas e estilos.

Para comezar, Carlos Ares, alma dos Zopilote e expresidente da Academia, presentará Drácula de Terence Fisher, obra magna da produtora Hammer, de cores extraordinarias; e do terror ao western, as cores de Johnny Guitar rivalizan en beleza co título anterior. No coloquio, Blanca Riestra falará de arquetipos, mulleres e pistolas e da súa última novela, Aquí comeza o mar; coa actriz Cris Iglesias falaremos de Conte d'èté e dun dos mellores directores de actores, Eric Rohmer; a moza ilustradora Julia Lago, pola súa banda, acompañaranos no visionado dunha das películas máis arrebatadoras de Michael Powell e Emeric Pressburger, Narciso negro: imaxes irrepetibles no abismo; Javier Becerra, o xornalista musical de La Voz de Galicia, analizará con fervor a banda sonora de Ry Cooder para Paris Texas, outro auténtico fito cinéfilo dirixido de maneira icónica por Wim Wenders; o profesor de estética e escritor Alberto Ruiz de Samaniego acompañaranos nunha viaxe á escuridade para coñecer que é o que nos fai humanos con A mosca, a obra mestra de David Cronenberg; días despois, un cineasta de longa e exitosa traxectoria, Alfonso Zarauza, acompañaranos tras a proxección de The Innocents de Jack Clayton onde o real e o fantasmático confúndense, crean unha das obras maiores do xénero sobrenatural; e para rematar a festa ao grande, teremos connosco á divulgadora científica Deborah García Bello, coa que comentaremos ese monumento á diversión e á malicia que é Robocop, de Paul Verhoeven. En resumo: oito propostas insuperables para celebrar que, dez anos despois, o cinema na Coruña segue máis vivo que nunca. Feliz aniversario a todas as persoas (convidadas e espectadores) que nos acompañaron durante esta década. A por outros dez anos.

Por Javier Trigales

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum: desde media hora antes do comezo da proxección (sempre que queden localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión