Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2016

Concello da Coruña e Corporación Hijos de Rivera asinan un convenio para o fomento das actividades culturais públicas na cidade

Concello da Coruña e Corporación Hijos de Rivera asinan un convenio para o fomento das actividades culturais públicas na cidade

O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), vén de firmar un convenio colaborativo con Corporación Hijos de Rivera SL, para o fomento de diversas actividades que se incluirán na programación cultural e de festas do municipio. O alcalde, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente do IMCE, asinou o documento este mércores co Conselleiro Delegado do grupo empresarial, Ignacio Rivera, acordo que estará en vigor ata o 31 de decembro de 2018 e polo cal a coñecida empresa coruñesa contribúe co IMCE "ao fomento, apoio e promoción dos programas, proxectos e actividades culturais públicas" desenvoltas polo Concello da Coruña "que poidan ser consideradas de interese xeral". Neste sentido, o convenio tamén avala o cambio de denominación do Festival Noroeste Pop-Rock, agora Festival Noroeste Estrella Galicia, así como a inserción de publicidade en eventos da citada marca sempre que se axuste á actividade ou espectáculo programado.

O alcalde Xulio Ferreiro, agradeceu á Corporación Hijos de Rivera SL o seu apoio á programación cultural das festas municipais e recalcou que este convenio "servirá para consolidar proxectos públicos ambiciosos" como o Festival Noroeste Estrella Galicia, "que en 2016 seguirá co crecemento que iniciou hai un ano". "Podemos presumir de vivir nunha Cidade da Música. Con iniciativas deste tipo, A Coruña consolida e proxecta a súa posición de liderado na vangarda cultural á vez que mantén a aposta polo interese público", engadiu.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión