Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Love of Lesbian

O cuarteto formado por Santi Balmes, Julián Saldarriaga, Jordi Roig e Oriol Bonet, acompañados no directo por Ricky Falkner, Dani Ferrer e Marc Clos, preparan xa 2023, onde pecharán a etapa V.E.H.N. cuns poucos e exclusivos concertos en España.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/05/2023

As entradas para este espectáculo promovido por Art Music, estarán á venda a partir do 27 de decembro ás 12.00 h a través de www.ataquilla.com e no despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e 16.30 h a 19.30 h)

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/12/2022

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

CONDICIÓNS DE COMPRA

· A ENTRADA É NOMINAL. NON SE ADMITEN CAMBIOS DE ENTRADAS, NIN DA TITULARIDADE DAS MESMAS, NIN DEVOLUCIÓNS.

· NO MOMENTO DA COMPRA DAS ENTRADAS DÉBESE INDICAR O NOME, APELIDOS E DNI (NIE OU PASAPORTE) DOS ASISTENTES TAL E COMO FIGURAN NOS SEUS DNI.

· PARA PODER ACCEDER AO COLISEUM, O TITULAR DA ENTRADA DEBERÁ IDENTIFICARSE PRESENTANDO O SEU DNI XUNTO Á SÚA ENTRADA.

· NO CASO DE QUE O TITULAR DA COMPRA DAS ENTRADAS NON DISPOÑA DE TODOS Os DATOS PARA IDENTIFICAR OS SEUS ACOMPAÑANTES DEBERÁ INDICAR OS SEUS PROPIOS NAS ENTRADAS DESTINADAS A DITOS ACOMPAÑANTES, OBRIGÁNDOSE A ASISTIR AO EVENTO. DURANTE O ACCESO AO COLISEUM TODOS ELES DEBERÁN IDENTIFICARSE COMO INTEGRANTES DO MESMO GRUPO.

· OS MENORES 16 ANOS TEÑEN QUE ASISTIR AO EVENTO ACOMPAÑADOS DUN ADULTO RESPONSABLE MAIOR DE IDADE E TRAER A CORRESPONDENTE AUTORIZACIÓN ASINADA.

Documentos:

Autorización de acceso para menores de 16 anos - Love of Lesbian (97 KB)

O único concerto desta xira en Galicia terá lugar o sábado 13 de maio de 2023 no Coliseum da Coruña.

V.E.H.N. (Warner 2021), o décimo álbum de estudo dos cataláns, foi recoñecido como Disco de Ouro -cuarto na súa carreira-.

Este último traballo estivo tamén nomeado a tres Latin Grammy.

O disco, gravado na Casa Murada e producido por Ricky Falkner e Santos & Fluren, foi acollido de maneira excelente por público e crítica e levou á banda para dar máis de cen concertos ao longo destes case dous anos, percorrendo as principais cidades e festivais españois, onde o grupo reuniu a milleiros de fileiras de fans ata onde non alcanza a vista, #VEHN_Int_Tour visitou capitais europeas como Londres, París, Berlín, Múnic e Bruxelas, para xúbilo da comunidade española e novos seguidores atraídos polo ruído deste tour nas redes sociais.

Como non podía ser doutro xeito, a xira contempla tamén os países de Latinoamérica con maior crecemento na súa base de fans (México, Chile, Perú, Colombia e Arxentina) e unha primeira visita a E.E.U.U na primavera que se repite no verán de 2022 cun concerto gratuíto en Central Park de Nova York.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente días de concerto desde as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión