Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conservatorio Superior de Música e The Concordia College

A Concordia Orchestra e a Concordia Band realizan unha xira de 12 días por España, visitarannos entre o 4 e o 15 de maio. Ofrecerán concertos en Salamanca, Oviedo, A Coruña e pecharán a súa xira en Valladolid no Centro Cultural Miguel Delibes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/05/2022

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Pídese puntualidade

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

Elixen España de novo para a súa xira internacional pola boa acollida que xa tivo a banda aquí hai anos e pola posibilidade de compartir e colaborar facendo música con outras agrupacións musicais do país, como serán as colaboracións coa Banda Municipal Cidade de Oviedo ou co Conservatorio Superior de Música da Coruña. Concordia Orchestra e a Concordia Band Pertencen ao Concordia College de Minnesota en EE.UU, un College que destaca polo enfoque nas súas disciplinas artísticas.

O obxectivo do departamento de música do Concordia College é preparar aos estudantes para que desenvolvan unha vida creativa e con propósito a través de programas artísticos rigorosos e profesionais.

Todos os estudantes, xa sexan alumnos de disciplinas musicais ou non, poden acceder ás 19 agrupacións musicais activas do campus.

A Concordia Orchestra fundouse en 1967. Recoñecida como unha das mellores agrupacións musicais universitarias do país, a Concordia Orchestra gañou o American Prize 2018-19 e dous premios EMMY. Realizou numerosos concertos en EE.UU. e por todo o mundo; as xiras máis recentes inclúen Grecia (2018) e Terra Santa (2014).

A Concordia Band xurdiu en 1899. Un século despois, converteuse nunha organización con reputación internacional pola súa excelencia artística. Ademais de ser unha banda pioneira, foi a primeira organización do campus en realizar xiras a nivel local e no estranxeiro. A súa primeira xira internacional foi a Noruega en 1935. A agrupación seguiu facendo xiras e actuando a nivel nacional e internacional en numerosos e prestixiosos congresos e festivais de música.

Ambas as agrupacións consideran moi importante a súa programación moderna e inclusiva, que explora e defende a música de compositores historicamente excluídos; tamén presentan de forma destacada a compositores vivos, sen deixar de ter en conta as coñecidas obras mestras do pasado.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión