Conversas cos partidos políticos ante as eleccións ao Parlamento Galego.
Para público en xeral
31/01/2024
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade.
Das 19.00 h ás 20.30 h.
1,5 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
De cara á celebración, o vindeiro 18 de febreiro, das eleccións ao parlamento de Galicia, a Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros planificou a celebración dun debate político cos temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.
Data: 31 de xaneiro
Hora: de 19:00 h. a 20:45 h.
Lugar: Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
Os temas de debate serán os asuntos pendentes da nosa cidade que teñen que ver co noso barrio directamente:
• A postura do futuro goberno autonómico sobre da franxa litoral: De San Diego ás Xubias.
• Equipamentos (Centro de Dia e Escola Infantil).
• Transporte metropolitano (futuro da estación de San Diego como estación de trens de proximidade, Intermodal e Intercambiador).
• Medio Ambiente e calidade do aire.
• Accesibilidade á vivenda (compra e alugueiro).
A conversa estará moderada polo membro da AA.VV. e ao debate asistirán os grupos políticos con representación no parlamento galego.
Acceso libre até completar a capacidade.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible