As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de tódalas idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.
Familias con crianzas de 1 a 3 anos
Familias, Bebés
23/04/2024
Xa rematou
Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024
Require inscrición.
18.00 a 18.45 h.
Punto de servizo bibliotecario Mesoiro. Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña
981 184370
Corochas é un espectáculo de Xarope Tulú de pequeno formato dirixido á primeira infancia que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música.
A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación permite poder viaxar por diversas paisaxes e coñecer personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.
Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas. Esa sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario.
Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.
Xarope Tulú é unha compañía comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e a mocidade, que convida a viaxar por mundos singulares.
Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral e titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Fundou, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. .
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible