Concello da Coruña

Concello da Coruña

Corufest 2020 - Dados

Espectáculo gañador do Premio Max 2019 ao Mellor Espectáculo Xuvenil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/10/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso ao teatro unha vez que comece a función.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

10,00 €

Descontos para carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: - 20%

Descontos para Familia numerosa: -25%

(É imprescindible mostrar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao teatro)

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

X é un adolescente que traballa nunha tenda de cómics e xogos de rol. Cada día, despois de pechar, senta nunha esquina da tenda e grava un podcast, oculto no anonimato: ninguén sabe quen é X, nin sequera o dono do local. Unha noite, cando se dispón a gravar, aparece un tipo que necesita comprar un agasallo para a súa noiva, e a cousa parece cuestión de vida ou morte. O tipo faise chamar Y. A medida que avanza a conversa, X e Y comproban que teñen máis en común do que parece. Quizais esta noite os volva máis fortes.

Este é o argumento de Dados, a obra teatral gañadora do Premio Max 2019 ao Mellor Espectáculo Xuvenil. É a narración dunha viaxe á verdadeira identidade, a reivindicación do noso dereito para ser quen de verdade somos, e asínaa Ventrículo|Veloz, unha compañía que fundaron en 2016 os intérpretes Verónica Pérez e Cristóbal Suárez para achegar o teatro ao público adolescente.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só días de función desde 2 horas antes (só se hai localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión