Concello da Coruña

Concello da Coruña

Creación e territorios

A segunda edicion do ciclo Creación e territorios, o espazo de investigación e divulgación sobre a creación, as súas dinámicas e as súas complexidades de interrelación dirixido polo crítico, docente e investigador Alberto Carton, regresa este ano á Fundación Luis Seoane con seis conferencias que se desenvolverán entre os meses de outubro de 2021 e abril de 2022.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 27/10/2021, 26/01/2022 á 01:00 , 06/04/2022

Este evento xa rematou

Horario:

20:00 h 

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Nesta ocasión, o ciclo contará coa participación do escritor Daniel Buján, o profesor da USC e especialista en estética da paisaxe Federico L. Silvestre, a artista visual e fotógrafa Carma Casulá, o comisario de exposicións Juan Guardiola, a historiadora da arte Carmen Pena e a arquitecta Luz Paz Agras, que realizarán unha serie de intervencións nas que se abordarán diferentes cuestións como a importancia da xilografía na obra de Luis Seoane, a fotografía de paisaxes, a relación entre creación e territorio e a proliferación de laboratorios creativos na Europa da segunda metade do século XX como o Laboratorio de Formas, entre outros temas. As conferencias, que se desenvolverán no salón de actos, poderán seguirse simultaneamente a través da páxina de Facebook da Fundación Luis Seoane.

  • Próxima intervención: mércores 26 de xaneiro, 20.00 horas. Carma Casulá. Fotografía e proxectos persoais en branco e negro

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión