Carlos Villarino
Para público en xeral
Dende o 23/04/2019 ata o 27/06/2019
Xa rematou
Martes e xoves de 10.30 a 12.30 h
Rúa Eugenio Carré Aldao.
70 euros ao mes
* Pagarase unha matrícula co importe dunha mensualidade (70 euros) que se poderá utilizar como pago do último mes.
* As alumnas e alumnos matriculados en calquera dos cursos da Sala 303 teñen desconto no curso e poden asistir como oíntes a todos os cursos da sala, logo da previa confirmación das prazas.
Tel.: 657 539 382
Na primeira parte da clase traballamos coa expresión do momento a momento. A través do corpo e da voz exploramos a nosa parte mental, emocional e instintiva. Axudados pola contención do grupo, e respectando sempre os tempos individuais, aproveitamos este traballo para deixar saír aquilo que non nos permitimos dicir ou facer nun contexto cotián. Saímos aos poucos da nosa zona de confort e permitímonos estar abertos e dispoñibles para o traballo actoral.
A segunda parte da clase dedícase á realización de escenas e monólogos. Analizamos a estrutura, unidades de acción, o contexto, as motivacións dos personaxes etc.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible