Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dante

O pintor sevillano residente en Ares, Galicia, expón simultaneamente este mes de Marzo na Galería Bomoble da Coruña e, no Ateneo de Ferrol.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/03/2021 ata o 05/04/2021

Este evento xa rematou

Horario:

de luns a sábado de 11:00 a 21:00h

Enderezo:

Rúa Nosa Señora do Rosario 11, Bajo. 15011 A Coruña

A exposición Dante, reúne a obra recente de Juan Manuel Álvarez Romeu, Manei, con pinturas e esculturas realizadas entre 2019, 2021, buscando un sentido de unión "A Divina Comedia" coa nosa historia recente, tanto persoal como colectiva: os padecimientos e incertezas que, a nivel mundial e humano, aínda estamos a vivir e que Manei enfoca desde a súa visión plástica e poética sobre a Divina Comedia, de Dante, onde indaga nos confinamentos desde o inferno "que o presenta caótico, incluso esquecendo por momentos a orde e a composición" ata a chegada a un paraíso que nolo mostra baleiro e silencioso, con siluetas de humanos camiñando por horizontes afastados.

Unha visión confabuladora, do tempo da experiencia de confinamento, capaz de transportarnos aos medos e á súa vez, liberación do inconsciente, suscitando unha reflexión poética e onírica no espectador a través do libre xogo dos matices, ás veces surrealistas e ás veces post minimalistas e, suxestións entre pinceladas texturadas e personaxes que pululan polas paisaxes que nos levan a imaxinarios repletos de grafismos que definen o seu estilo desde os seus inicios como pintor, e que busca quizais nun momento oportuno como este, a súa visión e interese como creador.

Artista multidisciplinar, Juan Manuel Álvarez Romeu, Manei tamén poeta e escultor, disciplinas que conforma un conxunto de todas elas e que responde a unha vontade integrativa, nunha experimentación continua, fainos un retrato tanto da humanidade como da condición humana.

Así, Manei, comparte, "móstranos" a súa percepción do tempo presente e pasado, das accións e acontecementos, que ocorren e repítense ao longo da historia da humanidade -E que parece que esquecemos- .

Estas obras convídannos tamén a recobrar o instante vivido, o sentido e a aprendizaxe de mirar e mirarnos no continuo presentir e sentir á vez, dun mundo transformador que nos ensina a vivir nunha conciencia evolutiva e cambiante que pode parecer ou é á vez involutiva.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión