Concello da Coruña

Concello da Coruña

Den sidste viking (O último viquingo), de Anders Thomas Jensen

Sala Fernando Rey - Ciclo O amor e as súas diferentes formas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/06/2026 ata o 06/06/2026

Horario:

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

116 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Sesión das persoas espectadoras: sábado ás 17.30 h - Prezo único: 1,50 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Mads Mikkelsen e Nicolaj Lie Kaas

Dinamarca 2025

116 minutos - VOSE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

HORARIO: xoves e venres 20.00 h / sábado 17.30 e 20.00 h

Anker sae de prisión tras cumprir unha condena de quince anos por roubo. O diñeiro do atraco foi enterrado polo seu irmán Manfred. Só el sabe onde está. Por desgraza, desde entón Manfred desenvolveu un trastorno mental que lle fixo esquecelo todo. Xuntos, os irmáns emprenden unha viaxe inesperada para atopar o diñeiro e descubrir quen son en realidade.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión