O capitán Vladimir Arseniev e o seu destacamento teñen que realizar unhas prospeccións xeolóxicas nos bosques da taiga siberiana. A inmensidade do territorio e a dureza do clima fan que se extravíe.
Apta para todos os públicos
Para público en xeral
Dende o 04/11/2021 ata o 06/11/2021
Xa rematou
xoves, venres e sábado ás 20:00 h
Prezo: 3,00€
Descontos carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€
Sesión do espectador: sábado ás 17:30 h prezo único 1.50 euros
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
Condenado a vagar por unha terra salvaxe, Vladimir coñece a Dersu Uzala, un cazador nómade que coñece o territorio como a palma da súa man e sabe como afrontar as inclemencias do tempo. Dersu ensinará a Vladimir a respectar a natureza e a convivir en plena harmonía con ela, unha lección que dificilmente esquecerá o resto da súa vida.
Unión Soviética - Ano 1975 - 144 min - VOS en castelán
Con: Maksim Munzuk e Yuriy Solomin
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible