Exposición de pintura e escultura de Alejandra Tomé. Trátase dunha artista pictórica, muralista e escultórica (aínda que tamén fai danza e teatro). Neste caso trae obra pictórica e cerámica.
Otro tipo de público
Dende o 13/05/2022 ata o 27/05/2022
Inauguración o venres 13 ás 19:00 h e o sábado 14 ás 12:00 h
Xa rematou
Rúa Emilia Pardo Bazán 4.
Considérome unha artista versátil e camaleónica que non ten un estilo concreto definido. Ata hoxe a miña obra é figurativa aínda que sinto cada vez máis estímulos polo abstracto.
Algúns temas recorrentes no meu discurso son de carácter filosófico en busca de preguntas acerca da desconexión coa natureza, a feminidade, a identidade do ser e as súas contradicións, as relacións interpersoais e os vínculos latentes coas culturas ancestrais.
O meu método é a miúdo automático, buscando que o que se expresa naza máis das entrañas que das ideas. Gústame experimentar novas técnicas e maneiras de facer, outorgándolle maior importancia ao proceso, que se converte nunha deriva consciente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible