“A acción desenvólvese en Liverpool no seo dunha famila obreira. O pai morreu e, diante do cadaleito, a súa esposa e os seus fillos empezan a lembrar o pasado. Reviven anécdotas insignificantes, pequenas alegrías, episodios dolorosos...”
Para público en xeral
15/07/2021
* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección
Xa rematou
22.30 h
Prezo: 3,00€
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
O mestre Terence Davies compón un doloroso e belísimo filme con pinceladas autobiográficas sobre o pozo sen fondo e á vez, táboa de salvación que é o núcleo familiar. Retrato dunha época tamén a través das cancións que cantan os personaxes e que puntean a acción de forma emocionante.
Título orixinal: Distant voices, still lives
Ano: 1988
Duración: 85 min.
País: Reino Unido
Director: Terence Davies
Repartición: Freda Dowle, Pete Postlethwaite, Angela Walsh
Cualificación: Apta para todos os públicos
Convidado: IRIA PINHEIRO (Actriz)
Perfil biográfico: Iria Pinheiro-Santos é actriz e desenvolve a súa carreira profesional entre as artes escénicas, a música, o audiovisual e, recentemente, na literatura.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible