Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Docs do mes: Overseas

Un impactante retrato das mulleres filipinas que se ven obrigadas a ir ao estranxeiro para gañar a vida facendo de aias e traballadoras do fogar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/12/2020

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65 anos, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá acceder á sala.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

A mirada da directora Sung-a Yoon, mestura de humor negro e denuncia social, pon en evidencia unha forma encuberta de escravitude moderna.

Overseas segue a etapa de formación dun grupo de mulleres que se preparan para afrontar unha nova vida lonxe de casa. A maioría dos contratos laborais, obríganas a pasar anos sen poder ver nin os fillos nin á familia. Durante a sesións de formación na escola, as alumnas practican tanto o papel de empregada como o de dono, dando pé a situacións tan surrealistas como cativadoras. Pronto serán exportadas ao estranxeiro coma se fosen mercadorías e quedarán soas ante a explotación laboral e agresións de todo tipo. Unha historia conmovedora que mostra a determinación dunhas mulleres valentes, que se hermanan sen perder o sentido do humor, e que comparten estratexias para afrontar o futuro con firmeza.

* Ver tráiler subtitulado ao castelán

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho de billetes Central da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30h a 13.00h e de 16.30 a 19.30 h.

- Despacho de billetes do Centro Ágora: día de proxección desde unha hora antes (unicamente se quedan localidades dispoñibles)

- Venda telefónica: 662 867 109

- Para mercar localidades en liña pique aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión