Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: Robots

As historias de amor do futuro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/11/2020

Este evento xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65 anos, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá acceder á sala.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Cando Chuck compra a Harmony, a súa futura parella robot, pouco espera que lle gusten os libros e conversar sobre temas transcendentais..

En Xapón, o robot Pepper chega ao fogar da avoa Sakurai para facerlle compañía, pero resulta ser bastante despistado... Os robots son as novas criaturas do planeta Terra. Estamos preparados para introducir a intelixencia artificial nas nosas vidas? Desde hai anos que xa traballan nos mostradores e recepcións de empresas, nos centros comerciais ou como chefs, pero agora, humanoides con intelixencia artificial introdúcense nos nosos fogares e nas nosas vidas privadas. "Cun IA, debes manter unha comunicación con frases curtas e claras"; é o consello que lle dan a Chuck cando recolle a súa compañeira, acabada de chegar da fábrica.

Hi, A.I. revélanos como a convivencia coa intelixencia artificial afectará as nosas vidas e como os robots, nun futuro non moi afastado, formarán parte dela. Un impresionante testemuño que nos mostra o futuro, hoxe.

Dirección: Isa Willinger

2019

88 min.

Alemaña

Inglés, xaponés, italiano e alemán

Subtítulos: catalán, español e inglés e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 h a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

- Despacho de billetes do Centro Ágora: día de proxección desde unha hora antes (unicamente se quedan localidades dispoñibles)

- Venda telefónica: 662 867 109

- Para mercar localidades en liña pique aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión