Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes - setembro, outubro, novembro, decembro 2026

Programación Docs do mes setembro a decembro 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/09/2026 ata o 03/12/2026

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os coches e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

10 setembro 2026

AMAZOMANÍA de Nathan Grossman

Documental

Suecia, Dinamarca, Francia 2026

93 minutos - VO en portugués, sueco, inglés, francés, korubo subtitulado español

HORARIO: xoves 20.00 h

1 outubro 2026

LES CULPABLES de Marta Durán Lozano

Documental

España 2026

85 minutos - VO en catalán, español subtitulado español

Non recomendada menores de 12 anos e Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

HORARIO: xoves 20.00 h

5 novembro 2026

NUMAKAGE PUBLIC POOL de Shingo Ota

Documental

Xapón 2025

80 minutos - VO en xaponés subtitulado español

HORARIO: xoves 20.00 h

3 decembro 2026

A PIETÁ de Pepe Andreu

Documental

España, Islandia, Lituania 2026

82 minutos - VO en islandés e inglés subtitulado español

Spta para todos os públicos

HORARIO: xoves 20.00 h

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h

- Despacho de billetes do Forum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión