Concello da Coruña

Concello da Coruña

Documentais do barrio: "O próximo baile será comigo"

A Asociación veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros organiza a proxección do documental "O próximo baile será comigo"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/09/2026

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organiza:

Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros

Contacto:

Enderezo: avda. do Exército, 52, 15006 A Coruña

Teléfono: 981 298 122

www.facebook.com/redeoza.org

O próximo baile será comigo, unha obra de Sabela Losada Cortizas que aborda, en primeira persoa, a importancia do apoio mutuo entre mulleres fronte á violencia machista.

O documental, que xa xerou un importante interese e debate, foi preestreado en Santiago, recibiu o Premio Luisa Villalta 2024 da Deputación da Coruña, un recoñecemento que pon en valor o seu achegamento á igualdade e á reflexión social.

Unha mirada sobre a forza do apoio mutuo

O próximo baile será comigo, pon o foco na importancia da sororidade e do apoio mutuo entre mulleres, mostrando como este acompañamento pode resultar fundamental para afrontar situacións de violencia machista.

A obra tamén aborda unha realidade especialmente complexa: a falta de apoio social e institucional coa que en moitas ocasións se atopan as vítimas.

A través dunha mirada directa e en primeira persoa, o documental busca achegar o público a unha realidade que continúa presente na sociedade e promover unha refexión colectiva sobre a necesidade de acompañar, apoiar e non deixar soas as mulleres que sofren violencia.

O próximo baile será comigo, é un proxecto de Sabela Losada Cortizas, coa participación de Alicia García Sampedro, Carmen, Cata Alonso Abeijón, Merchi (nai de Alejandra Di Nuovo Gómez), Ysabel Marcano e Sabela Losada Cortizas. Conta coas cámaras de David González e Chema Montero, son de Francisco Gómez, montaxe de Susana Sotelo e Chema Montero, posprodución de son de Brais Barreiro e cor de Javier Brun.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión