Concello da Coruña

Concello da Coruña

Elas Son Artistas - Alice Wonder

O VI Ciclo Elas Son Artistas ofrece a actuación da artista Alice Wonder.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/11/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 h

*Unha vez que comece o concerto non se accederá á sala.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

16,00, 18,00, 20,00 € (desconto do 20% para Carné Xove, + 65 anos, desempregados; 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

*A aplicación dos descontos farase logo da previa presentación no despacho de billetes do documento que acredite o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Dez de Dez

Tras o "entradas esgotadas" na mítica sala La Riviera, Alice Wonder está a vivir un ano que promete consagrala dentro do panorama musical nacional. Está á cabeza dunha nova escena emerxente cun gran público novo, libre de prexuízos. A artista madrileña caeu como un raio de luz coa súa participación no Benidorm Fest, no que presentou o seu single "Yo quisiera" con máis de 500.000 streams en plataformas nas primeiras 3 semanas. Durante 2023 vivirá o peche da xira Que se joda todo lo demás e comezará unha nova etapa, estreando cancións en directo que irán formando parte dos seus próximos lanzamentos.

Co seu EP debut Take off xa acumulou varios millóns de reproducións co single homónimo. Despois chegaría Firekid, o seu primeiro disco de longa duración, ao que seguiría Que se joda todo lo demás, con todas as cancións xa en castelán, co que acumula máis de 30 millóns de reproducións, demostrando a enorme capacidade que ten para conectar emocionalmente co público.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día de función 1 h antes (só se hai localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión