Concello da Coruña

Concello da Coruña

Emigrantas: emerxer do silencio - Actividades de clausura

Unha homenaxe ás historias da emigración das mulleres galegas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/03/2026 ata o 03/05/2026

Horario:

Luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Contacto:

Xardíns de Méndez Núñez 3 Bj.

15006 A Coruña

Tfno: 981 189 898

kioscoalfonso@coruna.gal

Emigrantas: Emerxer do silencio propón un percorrido a través de arquivos históricos, fotografías, instalacións artísticas, materiais audiovisuais, cartas, obxectos persoais e testemuños gravados, que permiten reconstruír as múltiples formas de partir, traballar, crear, resistir e retornar das galegas que viviron a emigración. A exposición detense nas experiencias cotiás e colectivas: o traballo, a aprendizaxe, a organización social, os coidados, a escritura e a transmisión da memoria. Ao tempo, poñen en valor o labor das investigadoras, historiadoras e creadoras que fixeron posible recuperar estas voces, revisando arquivos, listas de pasaxeiras e percorrendo vilas e territorios de todo o mundo na procura dos relatos das emigradas.

O resultado é un diálogo entre patrimonio documental e creación contemporánea, que convida a mirar con atención e a interrogar os silencios herdados, construíndo unha memoria compartida que contribúe a comprender mellor o presente.

A mostra poderase visitar no Quiosco Alfonso, no seu horario habitual, con entrada gratuíta ata o 3 de maio.

ACTIVIDADES DE CLAUSURA

Taller familiar: Cartografía téxtil para as emigrantas

Taller participativo dirixido a familias, no que, a través do traballo con tea e técnicas sinxelas de colaxe téxtil inspiradas nas pezas de Carmen Arias de Castro, "Mimina", construirase un mapa colectivo de historias reais de emigración vinculadas ás experiencias familiares e afectivas das persoas participantes. A actividade aborda a emigración como experiencia vital, intergeneracional e emocional, fomentando a creación colectiva e a transmisión da memoria.

  • Data: sábado, 25 de abril
  • Hora: 12:00 h
  • Público destinatario: público familiar
  • Capacidade: 12 familias (cada nena/neno virá acompañado dun adulto)
  • Inscricións: https://ticketing.coruna.gal/kioscoalfonso/emigratas/
  • Apertura do prazo de inscriciones: luns 20 de abril ás 10:00 h

Visitas guiadas á exposición

As visitas guiadas ofrecen un percorrido comentado pola exposición, contextualizando as pezas e os discursos expositivos sobre os procesos migratorios, con especial atención ás experiencias das mulleres emigrantes.

  • Sábados, 25 de abril e 2 de maio
  • Hora: 18:00 h
  • Público destinatario: público xeral
  • Reserva das visitas guiadas: Teléfono: 981 189 898 (de luns a venres de 8:00 a 15:00 h) Correo electrónico: kioscoalfonso@coruna.gal

Presentación da revista EMIGRANTAS: EMERXER DO SILENCIO

Presentación pública da revista editada con motivo da exposición EMIGRANTAS: EMERXER DO SILENCIO, concibida como soporte editorial complementario da mostra. A publicación amplía e contextualiza os contidos expositivos, ofrece lectura especializada e funciona como memoria documental do proxecto, sendo un material esencial para o labor divulgativo e educativo asociada á exposición.

A revista recompila historias, testemuños e información biográfica de diferentes "emigrantas", permitindo profundar nas experiencias da emigración feminina e poñendo en valor as súas traxectorias e memorias.

  • Data: luns 27 de abril
  • Hora: 19:00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión