Un monólogo para rir e reflexionar que conta coa posta en escena máis sorprendente xamais vista
Para público en xeral
18/04/2026
20.00 h
Platea - Palcos centrais: 25,00 €
Palcos laterais: 22.00 €
Principal: 20,00 €
1ª fila de principal (visibilidade reducida): 18,00 €
* Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, personals desempregadas
* Desconto do 25% para familia numerosa
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade.
teatrocolon@coruna.gal
Observadas a través dunha mirada aeronáutica e un ácido sentido do humor, Enrique Piñeyro mostra situacións tragicómicas da vida cotiá.
Nunha produción nunca antes vista nun monólogo que inclúe unha cabina de avión aescala real e un gran despregamento audiovisual (un conxunto de proxeccións e pantallas xigantes que se atopan nun punto medio entre o cinema e o teatro), a obra comeza recreando un voo de Avianca durante a súa aterraxe en Nova York. A partir de aquí, e grazas á súa experiencia como comandante de liña aérea, a súa formación de médico especializado en aeronáutica e as súas observacións sobre o erro humano, descobre os fallos habituais na comunicación diaria e contraponos á comunicación aeronáutica. Para iso, toma exemplos da publicidade, a política, a educación, lajusticia e a saúde.
VOAR É HUMANO, ATERRAR É DIVINO é un espectáculo que se renova cada ano. Sempre atento ao que sucede no mundo, Piñeyro encandea ao público coas súas observacións sobre a realidade que nos toca vivir.
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible