Concello da Coruña

Concello da Coruña

Esfínter 5

Volve o Nadal, volve ESFÍNTER: Un espectáculo para pechar o ano! Javier Veiga, David Amor e Rober Adegas anuncian o seu esperado regreso aos escenarios de toda Galicia con ESFÍNTER 5.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/12/2025

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 24,00 €

Palco: 22,00 €

Principal: 20,00 €

1ª fila de principal (visibilidade reducida): 15,00 €)

*Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas.

*Desconto do 25% para familia numerosa

(Para a aplicación dos descontos é necesario a presentación da documentación que acredita o desconto no momento da compra e do acceso ao teatro)

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala (excepto auga).

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Etiqueta Negra

O reencontro de amigos que xa é unha das tradicións máis esperadas do nadal galego, á altura da chegada do Apalpador, Noiteboa ou a iluminación das luces de Vigo. ¡E non o dicimos só nós, dino as miles de persoas que ano a ano reúnense cos nosos protagonistas nos teatros galegos para celebrar estas datas tan sinaladas!

E é que como dixo Mariah Carey, All I want for Christmas is ESFÍNTER 5. ¡O mellor espectáculo ao que podes acudir cos teus máis amantes achegados e, como os nosos protagonistas, ter unha escusa para cear xuntos nunhas datas tan sinaladas! 90 minutos de puro humor por parte de tres dos humoristas máis recoñecidos da nosa terra, que volven como o turrón para xuntarse co público galego.

¿Vémonos en decembro? Como cada ano, repetímolo: ¡Mentres o público queira, seguiremos gozando destas sinaladas festas na compañía de Javi, David e Rober!

FICHA TÉCNICA

TEXTO E INTERPRETACIÓN: Javier Veiga, Rober Adegas, David Amor

PRODUCIÓN: Etiqueta Negra

XÉNERO: Comedia

DURACIÓN: 90 min.

IDIOMA: Galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Venda de entradas en liña: ataquilla.com
  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión