Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estudios Abertos 2026

Xornada de portas abertas nos estudios para a dinamización das artes plásticas da cidade

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/06/2026 ata o 07/06/2026

Horario:

Das 10.00 ás 22.00 horas (consultar horario de cada estudio)

Prezo:

Acceso gratuíto

Organiza:

Concello da Coruña

O Concello da Coruña organiza anualmente unha xornada de portas abertas nos estudios de artes plásticas da cidade baixo o nome de Estudios Abertos. Esta iniciativa reunirá o 6 e 7 de xuño a numerosas persoas artistas en 55 espazos da cidade, que lles amosarán aos coruñeses e coruñesas o seu traballo.

Participarán profesionais das diferentes disciplinas artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante toda a xornada, que incluirá a participación de artistas invitados/as e outras sorpresas.

O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man os/as artistas coruñeses/as, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados/as na cidade e que desenvolven o seu traballo nela.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión