Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición de Jorge Perianes

Historia dunha escaleira.

Cando:

Dende o 04/12/2012 ata o 03/02/2013

Xa rematou

Horario:

De 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Organiza:

Concellería de Cultura do Concello da Coruña

Jorge Perianes presenta unha grande instalación que ocupa a totalidade do Kiosco Alfonso. Unha intervención específica para este espazo, que por primeira vez recibe unha actuación tan masiva e que converte a nosa sala non nun mero colector para converterse en parte da obra de arte. Dentro da traxectoria do autor supón unha das súas máis transcendentes obras, na que aglutina e depura a súa longa experiencia anterior.

Con esta proposta, de carácter efémero, quere propoñernos, por unha banda, unha reflexión sobre as preexistencias da arquitectura orixinal e as sucesivas adicións e intervencións, evidenciando as tensións entre ambas. Neste sentido, ábrense ocos nos paneis perimetrais xogando con aquela luz que orixinalmente bañaría o interior do edificio. Por outra, a presenza das caixas de escaleiras ponse en relación coa provisionalidade das escaleiras de man. A escaleira de man,  metáfora do transcendente, é, para Jorge Perianes, un elemento plenamente simbólico, non tanto un medio para a huída senón, máis ben, un emblema do coñecemento (autocoñecemento), da ascensión, a progresión e a espiritualidade; por iso aparece tantas veces fragmentada, rota ou dislocada.

A instalación do Kiosco pode ser analizada dende unha perspectiva globalizadora, onde se cada variación ten un carácter autónomo, o conxunto das anécdotas xeran un ambiente cunha entidade que transcende a mera adición de elementos. O artista actúa de modo similar ao do músico traballando con variacións sobre un mesmo tema para compoñer a súa peza. Un dos méritos desta obra é que non redunda nunha repetición tediosa senón que, moi ao contrario, o artista mostra un despregamento de elementos que animan o percorrido.

Durante a exposición realizaranse talleres didácticos para nenos.

Realizaranse 3 talleres dirixidos a nenos de entre 4 e 6 anos, os sábados 22 e 29 de decembro e nenos de 7 e 11 anos os días 12 de xaneiro e 2 de febreiro, de 11 a 13 horas (o taller é dunha única xornada e as prazas son limitadas).

Os talleres serán impartidos por María Cebrián e equipo.

Inscrición nos teléfonos: 981 18 98 98 (mañás) e 619 46 04 27 (tardes)

Esta actividade é gratuíta.

HISTORIA DUNHA ESCALEIRA é un taller práctico de arte dirixido a nenos de entre 4 a 6 anos que parte do achegamento á intervención artística de Jorge Perianes no Kiosco Alfonso. A instalación que presenta, a partir de tramos de escaleiras de man modulares e ocos abertos nos muros, permitiranos profundar plasticamente nas nocións de espazo, dirección, perspectiva e a construción das sombras, como elementos de formalización do espazo.
A través de dinámicas de xogos espaciais e, da construción de artefactos, buscaremos como articular e sorprender os máis pequenos, transformando o espazo a partir das súas propias intervencións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión