Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición: Do individuo á entelequia.

Os artistas Nito Davila, Pepe Galán e Francisco Escudero atópanse nunha exposición coordinada polo artista Enrique Yáñez, cuxo principal obxectivo é a difusión e o apoio a artistas novos da cidade da Coruña.

Cando:

Dende o 01/07/2014 ata o 10/08/2014

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre.

Nito Davila, debuxante por encima de todo, a pintura e a escultura mestúranse nas súas mans como afluentes dentro dun academicismo que aloumiña sempre o debuxo. Cada un dos seus trazos encerra unha intención e identidade propias dun gran mestre. A cor nas súas obras apréciase entre tons sutís nunca pretenciosos nin marcados. O seu traballo incita á introspección a todo aquel que o mira.

Pepe Galán, escultor e artista interdisciplinar cuxa percepción do que nos rodea sempre retén unha particularidade cara ao seu universo. Un concepto ou unha idea pode transformarse nun elemento tanxible que se funde no ambiente como se xa pertencese ao espazo. A solidez da súa obra, principalmente en metal, plasma unha procura cara á verdade absoluta. A súa verdade.

Francisco Escudero, ante todo, escultor. Unha das características principais do seu traballo é a unión entre a natureza e o home. A combinación dese diálogo entre a materia prima e o oficio clásico de escultor son a base da súa motivación creativa. Tanto a finalidade como o proceso son claves para este artista cuxa síntese da forma lévanos a resultados sinxelos pero sempre contundentes.

A exposición mostra o interese por parte dos tres artistas principais na interacción e encontro entre artistas novos. Ademais, aínda que son un eixo fundamental na cidade dentro do sector cultural, están sempre abertos a novas procuras creativas, a colaboracións e á eterna aprendizaxe que lles proporciona o converxer con artistas aínda descoñecidos.

Do individuo á entelequia, como titula Enrique Yáñez o proxecto expositivo, será precisamente iso. Un momento de encontro entre todos os que desexen observar, aprehender e gozar dunha serie de pezas que pasarán dende fotografía ou pintura, á escultura, convidando o espectador a deterse en cada obra. Todo, cara a un máis alá.

Aquilo que sucedía nos museos hai tempo, onde se detiña o público facendo cola para observar esquecendo o reloxo o que tiña ante os seus ollos. Converter cada traballo persoal nun paso dentro dunha etapa colectiva e lograr que cada paso sexa importante.

Unha oportunidade idónea para coñecer a dez artistas dun modo moi persoal e sincero, moitos dos cales como Iago Domínguez, Jose Losada e Antonio Felipe Sánchez destacan a día de hoxe xa polas súas aptitudes creativas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión