Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Facemos comunidade: Festas dos barrios 2020

Plan de apoio a asociacións veciñais para a realización das festas de carácter comunitario, comúnmente coñecidas como “festas dos barrios”.

Cando:

Dende o 03/02/2020 ata o 03/03/2020

Organizador:

IMCE

Documentos:

Facemos comunidade 2020 (111 KB)

Facemos comunidade 2020 solicitude (84 KB)

É obxecto deste texto a convocatoira pública a asociacións veciñais constituídas legalmente e radicadas na cidade de A Coruña, para a recepción de proxectos culturais e festivos, co fin de deseñar de xeito colectivo as actividades que conformarán o calendario de actividades do IMCE, en relación coas festas de carácter comunitario, denominado FACEMOS COMUNIDADE: FESTAS DOS BARRIOS.

O fin primordial da presente convocatorio é ofertar, de xeito coordinado co tecido veciñal da cidade, iniciativas e accións culturais que axuden á descentralización da súa oferta cultural. Por tanto, será un requisito imprescindible, que se trate de accións que axuden ao desenvolvemento comunitario dos diferentes barrios que a conforman.

Serán incluídos proxectos de asociacións unicamente veciñais, constituídas e sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio na cidade da Coruña, e que estean legalmente constituídas e rexistradas no REMAC na data de finalización do plazo de presentación de proxectos.

O prazo de presentación dos proxectos ou actividades será do día 3 de febreiro ao día 3 de marzo de 2020.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión